luns, 21 de abril de 2014

¡Gran acollida do novo visor de correntes nos medios de comunicación!

Tras o recente lanzamento do visor de correntes en tempo real, e da inclusión dun enlace ó mesmo dende a web do Campus do Mar, os medios de comunicación fixéronse eco da nova.
Aquí vos deixamos os enlaces.

Faro de Vigo:
El Campus do Mar informa sobre las corrientes marinas

Atlántico Diario:
El Campus do Mar muestra en tiempo real las corrientes de la Ría de Vigo

La Voz de Galicia:
Las corrientes de la ría se ven en tiempo real en la web del Campus do Mar

Diario de Pontevedra:
El Campus do Mar ofrece en tiempo real las corrientes de la ría de Vigo (Eureka!)

Europa Press:
La web del Campus do Mar ofrece información en tiempo real sobre las corrientes marinas en la ría de Vigo

GCiencia:
GCiencia.com: O Campus do Mar ofrece as correntes da ría de Vigo en tempo real

Xa tedes un novo servicio dispoñible: a corren na Ría de Vigo

Ademáis da información meteorolóxica e oceanográfica que vos ofrecíamos ata o de agora a través de torallamar.info, a partir de hoxe tamén poderedes consultar o mapa de corrente superficial na Ría de Vigo a través do seguinte enlace: http://cuvi.portus.qrms.net/portus/PortusMini.html

Este sistema, implantado polo Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo (GOFUVI) en colaboración con Qualitas Remos, e ubicado nas instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) e da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), ofrece un mapa cos valores medios da corrente superficial cada media hora e cunha resolución de 190 metros, sendo posible consultar tanto o derradeiro dato obtido como os dos últimos 15 días. 

Facendo click sobre o mapa, obteredes o dato numérico de velocidade e dirección da corrente para cada punto (tede en conta que a hora mostrada é GMT, polo que teredes que sumarlle unha hora en inverno e dúas no veran para pasalo a hora local).

Esperamos que vos sexa de utilidade.

domingo, 18 de agosto de 2013

Non paramos de traer novidades! Esta vez un pouco máis técnicas do habitual. Incorporamos dúas novas sondas á estación cargadas ata arriba de sensores. A maioría deles son para uso científico (osíxeno disolto, clorofila, pH, salinidade, etc.) pero os datos están igualmente dispoñibles para todo o mundo na sección de ciencia de torallamar.info.

A parte diso, aos que vos mergullades por esta zona pódenvos interesar dúas medidas:

  • temos unha nova medida de temperatura da auga un pouco máis profunda (1.5 m) que a que estaba (0.5 m).
  • temos tamén un sensor de turbidez que nos axuda a facernos unha idea da visibilidade baixo a auga.
Como estamos a empezar, preparamos unha escala de visibilidade segundo o que encontramos noutros sitios, pero se vedes que a visibilidade que damos non está ben, dicídenos cal é a que había e en que data e hora e irémola corrixindo.

Ambas as dúas medidas están dispoñibles na sección "profesional/deportes" de torallamar.info e na sección de ciencia. Na páxina de público en xeral manteremos a temperatura a 0.5 m que é a que senten l@s usuari@s da praia cando se bañan.




martes, 13 de agosto de 2013

Engadido link á Webcam do Vao

Por aclamación popular na caixa de correo de suxestións, engadimos torallamar.info unha icona que leva directamente ao webcam do Vao de Webcams de Galicia. Moitas grazas a tod@s polas vosas suxestións, consellos e por escribirnos en xeral. Non vos facedes idea do motivadoras que son as vosas mensaxes.

venres, 9 de agosto de 2013

Recortes de prensa, televisión e radio

Dende que arrancamos recibimos un grande apoio dos medios locais e rexionais. Esta é unha recompilación das nosas aparicións nos medios.

Entrevista en "Vigo Hoy por Hoy" 2 septiembre 2013






Noelia Otero entrevístanos o día 2 de setembro de 2013 no programaVigo Hoy por Hoy de Radio Vigo- Cadea Ser para que lle contemos cal foi a acollida do servizo e polos nosos plans de futuro.

Entrevista en "Vigo Hoy por Hoy" 7 agosto 2013







Noelia Otero entrevístanos o día 7 de agosto de 2013 no programa "Vigo Hoy por Hoy" de Radio Vigo-Cadea Ser e pregúntanos sobre torallamar.info.









Tacho Jiménez, Jesús Núñez e Begoña Fontenla entrevístannos sobre Torallamar para o programa A Revista Televisión de Galicia emitido o 6 de agosto de 2013.






Titular: Unha web da Universidade informa do estado de praias próximas a Toralla









Antía Díaz entrevístanos en Raio Voz, dentro do programa Esperta Galicia para que lle falemos sobre a estación do Observatorio Oceanográfico de Toralla



Titular: Toralla estrea o seu propio observatorio oceanográfico.






Titular: Toralla estrea un observatorio oceanográfico e meteorolóxico

Engadida dirección do vento en graos

Recibimos esta mañá na nosa caixa de correo de suxestións unha petición para que engadísemos a dirección do vento en graos para os que practicades deportes náuticos.

Pois desexo concedido. Agora, na sección de deportes/profesional e cando consultades o vento en nós na versión móbil tedes tamén esa información.

xoves, 8 de agosto de 2013

Torallamar xa ten blog!

Benvid@s ao blog de torallamar.info!

Aquí iremos recompilando as noticias máis destacadas sobre o Observatorio Oceanográfico da Illa de Toralla, instalado e mantido pola Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo (ECIMAT)